Entrada destacada

Guía práctica de preinscripción para la admisión a las Universidades Públicas de Galicia

ADMISIÓN 2018 Universidad de Santiago de Compostela , Universidad de A Coruña  y Universidad de Vigo. Punto 1 – La Solicitud Ordina...

lunes, 21 de mayo de 2018

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para alumnado de Educacion Primaria, ESO e Educación Especial

Convocatoria 2018

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de xuño de 2018.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/14931

Axudas á compra

As axudas da Consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e o alumnado matriculado en Educación Especial.
Os requisitos de renda e as contías das axudas son as seguintes:

Educación Primaria:
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros
Renda per cápita familiar superior a 5.400,01 e igual ou inferior a 9.000: 90 euros


Así mesmo, mantense que, o alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

Ademais, os menores de 1º e 2 de Primaria que se encontren en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima (170 euros), e non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.
 

A Consellería de Educación crea un fondo solidario de libros de texto destinado ao
alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación
Secundaria Obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2017/18.

Fondo solidario

 Todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por:

1. Todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2017/18, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver.

2. Os libros de texto e o material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo.

Poderán presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2017/18 nos niveis educativos incluídos.

O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.n calquera caso, terán preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

As solicitudes poderán presentarse por primeira vez por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Máis información:
Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)
Extracto da Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

Fuente: Consellería de Educación

No hay comentarios:

Publicar un comentario