Entrada destacada

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL 2019

Convocatoria 2019   Solicitudes: 24  de Junio a 2 de Julio   (13h) Ya se ha publicado el CALENDARIO de admisión.  Si no obt...

martes, 11 de junio de 2019

Residencias de Estudiantes. Plazas en A Coruña, Ourense y Vigo

Convocatoria 2019


A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2019/20.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150714/AnuncioG0164-030715-0001_es.html
Prazos:
  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día 11 de xuño e o 12 de xullo de 2019 (incluído).
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día 11 de xuño  e o 9 de agosto de 2019 (incluído).


O obxectivo desta é facilitarlle o acceso ao ensino superior ao alumnado que se escolariza en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, motivado polo feito de que os estudos que realiza non se impartan en ningún centro sostido con fondos públicos da súa localidade de residencia nin noutra próxima que lle permita o desprazamento diario con facilidade.

As vacantes ofertadas poderán consultarse na páxina web ou taboleiro de anuncios dos CRD aos tres días da publicación da convocatoria. O alumnado solicitante que obteña praza terá dereito de reserva ata que complete os estudos dun nivel formativo concreto que dea lugar á obtención dun título académico, sempre que non repita curso e non variasen as circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial.

A publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e suplentes farase de forma conxunta antes do 13 de setembro, a través da páxina web da consellería e do taboleiro ou páxina web do respectivo centro residencial.

Para os centros nos que quedasen prazas vacantes, abrirase un prazo extraordinario de solicitudes entre o 16 e o 20 de setembro; e as listas definitivas publicaranse o 7 de outubro.


Requisitos:

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Requisitos persoais e académicos da persoa solicitante:

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2019/20.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos
 
3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia


No referido aos criterios de valoración, teranse en conta os datos socioeconómicos (composición da unidade familiar, renda, discapacidade e desemprego) e o rendemento académico.


Compatibilidades:

A condición de adxudicatario/a de praza de residencia gratuíta é compatible coas axudas da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.

Adxudicación de praza gratuíta


1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar  fixado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.


Adxudicación de praza bonificada 


1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 565,87 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.
d) Máis do 30 %: 2.066,75 €.

2. O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.





No hay comentarios:

Publicar un comentario