domingo, 10 de enero de 2016

Ayudas para estadías de verano en Europa para estudio de idiomas (universitarios)

Convocatoria 2017


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán do ano en curso, do alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia  coa finalidade de coñecer a lingua dese país.
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=416A

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 900 €.

Requisitos:
Estar matriculado no curso actual, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario deGalicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data desta convocatória.

O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimode 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Queda excluído desta convocatoria:

a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
b) O alumnado que durante o curso acual sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo.

Máis información:
DOG do 15 de decembro de 2016 
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=416A 
https://orientagalicia.blogspot.com.es/2016/05/calendario-de-becas-y-ayudas-xunta.html

Fuente: Xuventude.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario