Entrada destacada

Procedimiento de Admisión en las Universidades de Galicia

Cómo proceder a la preinscripción y matriculación y qué hacer si no se entra directamente en la carrera que se quiere      NERTA,  es ...

viernes, 4 de marzo de 2016

Actividades de formación en lengua inglesa en Galicia 2016


Convocatoria 2016

http://www.edu.xunta.es/axudasle
A Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia,durante o ano 2016.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2016.

Prazas: 682

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2014/15.
c) Ter acadado no curso 2014/15 na área ou materia de lingua inglesa, unha  cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma  finalidade.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2016.

Máis información:
DOG do 28 de marzo de 2016 
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538 - 981546503

Ver: http://orientagalicia.blogspot.com.es/2016/03/ayudas-de-formacion-en-lenguas.html 

Fuente: Axúdasle. Consellería de Educacion

No hay comentarios:

Publicar un comentario