Entrada destacada

NOTAS DE CORTE listados provisionales

Octubre 2018. ABAU EXTRAORDINARIA: Séptimo plazo de matriculación del 5 al 9 de octubre Último plazo de matriculación del 11 al  17 ...

lunes, 14 de mayo de 2018

Ayudas económicas para alumnado que realiza FCT

Convocatoria 2018
Destinadas a alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
http://www.edu.xunta.es/fp/fct

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo: do 16 de maio ao 15 de xuño. Trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2017-marzo 2018, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2018. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2018.
O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2018 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018 para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2018. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2018 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

Máis información:
Formación en centros de traballo ( FCT)

No hay comentarios:

Publicar un comentario