miércoles, 27 de julio de 2016

Premios extraordinarios de ESO al rendimiento académico

Convocatoria 2016. Galicia.

Correspondentes ao curso 2015/16.
https://www.edu.xunta.es/premioseso/

1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG.

2. É o alumno ou a alumna, ou os seus representantes legais, quen presentará a solicitude de participación en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo.

3. Procedemento dos centros educativos. De acordo co establecido no artigo 6 da orde de convocatoria para o alumnado que non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE, o centro deberá enviar unha certificación académica dos estudos onde se reflicta a cualificación final media á que se refire o artigo 3.3, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/a director/a do centro no que se atope o expediente académico.

4. A proba para a concesión dos premios realizarase no mes de setembro.

Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario