lunes, 26 de septiembre de 2016

VUESTRA VOZ. De qué está hecho el futuro?

Iria, Noelia Y Sandra ofrecen el punto de vista de la juventud de cara al futuro demostrándonos que los adultos no hemos hecho muy bien por ahora la gestión a largo plazo y proponiendo algunas sencillas acciones para que no destrocemos más su futuro.

Iria, Noelia ySandra son alumnas en el  IES Maruxa Mallo, de Ordes ( A Coruña)

http://www.tedxgalicia.com/2016/09/16/houbo-un-tempo-no-que-2016-era-o-futuro/


Pásovos o vídeo da charla en TEDxGalicia 2016 de Noelia Cernadas, Sandra Moure e Iria Souto, con quen teño o orgullo de colaborar dende hai cinco anos no IES Maruxa Mallo.

A edición de TEDxGalicia 2016 celebrouse o pasado 16 de xullo na Cidade da Cultura, cun auditorio de 500 persoas. O tema foi "De que está feito o futuro?".

A organización de TEDxGalicia, encabezada por Marcos Pérez, convidoume a seleccionar e presentar tres charlas (as outras dúas pasaréivolas máis adiante). E para falar sobre o futuro, ninguén mellor que Noelia, Sandra e Iria. Era a primeira vez que persoas de 16 e 17 anos ofrecían unha charla en TEDxGalicia. 

Para Noelia, Sandra e Iria era a súa segunda charla na Cidade da Cultura en poucos meses: en xaneiro deste mesmo ano, e xunto con outros 20 compañeiros de clase, impartiron unha charla de hora e media para cen docentes nas Xornadas de Linguas Cooficiais, organizadas polo CAFI. Polo que me dixeron, tamén era a primeira vez que o alumnado (e só o alumnado, pois eu nin aparecín) ofrecia formación para o profesorado.

Se vos gusta a charla, agradecémosvos que a difundades por aí.
José Manuel Dopazo. Director IES Maruxa Mallo


 Nos encantaaaaaaa !!Gracias !

No hay comentarios:

Publicar un comentario