jueves, 12 de enero de 2017

Acreditación Competencias Profesionales

Convocatoria 2017. Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:
desde o 10 de xaneiro de 2017 ao 3 de febreiro de 2017.

Se tes experiencia laboral podes acreditar as túas competencias adquiridas traballando ou a través de cursos de fomación. Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida,

Descarga o folleto informativo pinchando a imaxe 
 
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6852
 
  • Posuír a nacionalidade española
  • er 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
  • Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acredita
  • As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego  
 
Importante!
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2017.
  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática. 


 

 Máis información:

Puntos de información

Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario