Entrada destacada

PRUEBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Convocatoria 2019. Galicia. Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formac...

lunes, 18 de junio de 2018

Enseñanzas deportivas. Acceso

Convocatoria 2018

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018/19



PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS: 
Do 19 de xuño ó 10 de xullo de 2018.


CELEBRACIÓN DA PROBA DE MADUREZA:  
O 3 de setembro de 2018 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela




REQUISITOS DE ACCESO:
GRAO MEDIO:

a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica ou acreditar un mérito deportivo. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.

b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio, pola parte común da proba de acceso a ciclos superiores, pola proba de madureza dos ciclos medios e superiores de artes plásticas e deseño, pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

GRAO SUPERIOR:

a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, pódese requerir unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato.

b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS: 
Do 19 de xuño ó 10 de xullo de 2018. 


Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 3 de setembro.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo IV, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica e de Vela, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.

CELEBRACIÓN DA PROBA DE MADUREZA
O 3 de setembro de 2018 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

CELEBRACIÓN DAS PROBAS ESPECÍFICAS
Setembro do 2018. Ver na resolución as datas concretas de cada especialidade e os lugares de cada proba.

PRAZO DE MATRÍCULA NAS ENSINANZAS DEPORTIVAS:
Dende a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 28 de setembro de 2018.

CENTROS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN NAS PROBAS
Fuente: Consellería de Educación