Entrada destacada

Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo

Convocatoria 2019-2020 Plazo de presentación :  d el 28 de julio al 26 de septiembre de 2019 Información general Convocato...

miércoles, 19 de septiembre de 2018

FP ciclos liberados y plazas vacantes

Curso 2018/2019

¿Sabes que aún puedes acceder a un ciclo de Formación Profesional empezado el curso?

Lee las instrucciones del procedimiento de admisión, donde aparece toda la información que necesitas para acceder a la FP.


 http://www.edu.xunta.es/fp/node/14928
pincha el icono para acceder al sitio web
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 20 de setembro ata as 13:00 horas do día 21 de setembro de 2018. Abrírase un novo período de matriculación durante o período de adxudicación continuada


Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.




Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

 
Logo de finalizado o prazo de matriculación da segunda adxudicación extraordinaria rematan os procesos de adxudicación centralizada.

A continuación abrírase un proceso de adxudicación de prazas vacantes residuais nas que exista lista de espera. Entre o 25 e o 29 de setembro ás 13:00 horas, os centros con prazas nesta situación, efectuarán chamamentos telefónicos ás persoas que corresponda segundo a lista de espera para cubrir as prazas vacantes. As chamadas efectuaranse aos números de teléfono consignados na solicitude de admisión. Procederá á matriculación das persoas que acepten a praza.

Para cada persoa realizaranse un mínimo de tres intentos de chamada separados por media hora. Se houber dous teléfonos intentarase en ambos.

Se finalmente non se localiza a persoa,pasarase á seguinte da lista.

No caso de contactar coa persoa, explicaráselle que ten a posibilidade de matricularse na praza vacante (pode dárselle media hora para pensalo). A persoa ten dúas opcións logo de recibida a información:

§Renunciar: a renuncia é exclusivamente a esa praza (ciclo ou módulo). No resto das listas de espera en que estivese non será modificada a súa posición, incluídas aquelas de menor

prioridade, xa que logo este é un procedemento deseñado para cubrir as vacantes residuais do proceso de admisión.

§Aceptar: a persoa ten 24 horas para entregar toda a documentación para formalizar a matrícula e iniciar a actividade lectiva.  Non presentarse no prazo implicará a perda do dereito sobreesa praza. A aceptación da praza significa a renuncia a continuar no proceso de admisión.


Cómpre aclarar que nesta fase do proceso cada centro chama o alumnado das súas listas de espera de xeito independente, polo que non é posible ter en conta a orde de prioridade que cada persoa establecera na súa solicitude de admisión. Deste xeito pode ocorrer que unha mesma persoa pode ser chamada desde varios centros diferentes, mesmo un alumno xa chamado neste proceso e pendente de matrícula pode ser chamado por outro centro.
Fuente: Portal FP. Xunta de Galicia