Entrada destacada

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL 2019

Convocatoria 2019   Solicitudes: 24  de Junio a 2 de Julio   (13h) Ya se ha publicado el CALENDARIO de admisión.  Si no obt...

viernes, 14 de diciembre de 2018

Acreditación Competencias Profesionales

Convocatoria 2019. Galicia.


Prazo de presentación de solicitudes:
desde o 14 de xaneiro de 2019 ao 7 de febreiro de 2019.

Se tes experiencia laboral podes acreditar as túas competencias adquiridas traballando ou a través de cursos de fomación. Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida,

link directo ao sitio
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6852

VIDEO EXPLICATIVO 

  • Posuír a nacionalidade española
  • Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
  • Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acredita
  • As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego  

Importante!
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa oo mesmo día que abre o prazo.
  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática. 
https://www.youtube.com/watch?v=c4i_avgAEfk&index=4&list=PLA443653E01D3543F

A. FASE I. Asesoramento
Nesta fase, un asesor ou unha asesora axúdache a compilar todas as probas que poidas achegar para defender a túa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Tamén realizarás un test de autoavaliación.

B. FASE 2. Avaliación das competencias profesionais
A comisión de avaliación utilizará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación que achegaches no paso anterior. Estes métodos poden ser, entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.

C. FASE 3. Acreditación e rexistro das competencias
Cando superes o proceso de avaliación obterás unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que demostraches a túa competencia profesional.


 


 Máis información:

Guía da persoa candidata
Esta guía está deseñada para coñecer os requisitos que tes que cumprir para accederes ao procedemento de avaliación e acreditación para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral e vías non formais de formación.

Cuestionarios de autoavaliación
Na seguinte ligazón poderás atopar os cuestionarios de autoavaliación das unidades de competencia obxeto de validación.

PUNTOS DE INFORMACIÓN

ORDE do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.