Entrada destacada

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL 2019

Convocatoria 2019   Solicitudes: 24  de Junio a 2 de Julio   (13h) Ya se ha publicado el CALENDARIO de admisión.  Si no obt...

martes, 11 de junio de 2019

Residencias de Estudiantes. Plazas en A Coruña, Ourense y Vigo

Convocatoria 2019


A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2019/20.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150714/AnuncioG0164-030715-0001_es.html
Prazos:
  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día 11 de xuño e o 12 de xullo de 2019 (incluído).
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día 11 de xuño  e o 9 de agosto de 2019 (incluído).


O obxectivo desta é facilitarlle o acceso ao ensino superior ao alumnado que se escolariza en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, motivado polo feito de que os estudos que realiza non se impartan en ningún centro sostido con fondos públicos da súa localidade de residencia nin noutra próxima que lle permita o desprazamento diario con facilidade.

As vacantes ofertadas poderán consultarse na páxina web ou taboleiro de anuncios dos CRD aos tres días da publicación da convocatoria. O alumnado solicitante que obteña praza terá dereito de reserva ata que complete os estudos dun nivel formativo concreto que dea lugar á obtención dun título académico, sempre que non repita curso e non variasen as circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial.

A publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e suplentes farase de forma conxunta antes do 13 de setembro, a través da páxina web da consellería e do taboleiro ou páxina web do respectivo centro residencial.

Para os centros nos que quedasen prazas vacantes, abrirase un prazo extraordinario de solicitudes entre o 16 e o 20 de setembro; e as listas definitivas publicaranse o 7 de outubro.


Requisitos:

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Requisitos persoais e académicos da persoa solicitante:

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2019/20.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos
 
3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia


No referido aos criterios de valoración, teranse en conta os datos socioeconómicos (composición da unidade familiar, renda, discapacidade e desemprego) e o rendemento académico.


Compatibilidades:

A condición de adxudicatario/a de praza de residencia gratuíta é compatible coas axudas da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.

Adxudicación de praza gratuíta


1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar  fixado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.


Adxudicación de praza bonificada 


1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 565,87 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.
d) Máis do 30 %: 2.066,75 €.

2. O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.





domingo, 9 de junio de 2019

Enseñanzas deportivas. Acceso

Convocatoria 2019

Prazo aberto ata o 10 de Xullo



http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212


1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio. 

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calque-ra dos seguintes requisitos: 

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.  
Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. 

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en diante, «proba de madureza de grao medio»)  A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas. 

c) A superación da dita proba de madureza de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela. 

d) A proba de madureza de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
 Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. 
 • Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño.
 • Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño. 
• Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
• Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 


2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior. 

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación unha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos: 
Bacharel. 
– Técnico superior. 
– Título universitario.
 – Certificado de ter superado todas as materias do bacharelato. 

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no punto anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en diante, «proba de madureza de grao superior») que se establece no anexo I desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. Tanto nun coma noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.

 c) A superación da proba de madureza de grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III ás cales se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela. 

d) A proba de madureza de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas: 
Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 
• Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño. 
• Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
• Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.








DATAS A TER EN CONTA
Inscrición
ata 10 de xullo
nos centros sinalados



Relación provisional de persoas inscritas
15 de xullo
nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición
Relación definitiva
22 xullo
idem



Proba madureza
9 setembro
IES As Fontiñas en Santiago de Compostela



Probas específicas
do  3 ao 16 de setembro ( ver táboa)
( ver táboa)



Admisión e matrícula
ata o 27 de setembro



PROBAS DE ACCESO

Validez das probas: en todo o territorio nacional



 Documentación necesaria:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante. 
b) Orixinal da solicitude de inscrición conforme o modelo facilitado polo centro. 
c) Exemplar do documento que acredite o ingreso do prezo público, salvo en caso de estar exento/a do pagamento. 
d) En caso de bonificación ou exención no pagamento do prezo público, documento que o acredite.
e) Certificación académica requirida ( ver na convocatoria DOG, pax 5-6)


Importante
Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO po-deranse presentar á proba de acceso de carácter específico sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso, poderanse presentar á proba de madureza. 

As persoas solicitantes que deban realizar a proba de madureza farano constar na epígrafe correspondente no formulario de inscrición. No caso de non superar a dita proba, non serán admitidas na proba de carácter específico

 As persoas solicitantes que aleguen méritos deportivos, substitutivos da realización da proba específica, ou calquera condición motivo de exención de realización da proba de carácter específico, presentarán coa solicitude os documentos acreditativos establecidos da correspondente modalidade ou especialidade.

No caso das persoas aspirantes con discapacidade que soliciten adaptación nas probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, farano constar na epígrafe correspondente no formulario de inscrición e deberán acreditar o grao de discapacidade mediante certificado

EXENCIÓN DA PROBA ESPECÍFICA:

- Alegación e méritos deportivos
- Deportistas de alto nivel e alto rendemento 

Pódense consultar as ditas condicións na seguinte ligazón:



 Lugar, datas e desenvolvemento das probas de acceso


PROBA DE MADUREZA:  

9 de setembro de 2019 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela

a) Proba de madureza de grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. 

• Lingua Galega.• Lingua Castelá.• Parte sociocultural.• Parte científico-tecnolóxica.


• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega a partir dun texto escrito. 
• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá a partir dun texto escrito. 
• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais (Xeografía e Historia). 
• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (Matemáticas, Ciencias da Na-tureza e Tecnoloxía). 

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. 

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito os exercicios que se propoñan para cada unha das tres elixidas.


b) Proba de madureza de grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. 

• Lingua Galega e Literatura.• Lingua Castelá e Literatura.• Lingua Estranxeira: (Inglés/Francés).• Historia de España.• Filosofía.

 • Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega e Literatura. 
• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá e Literatura. 
• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Estranxeira (Inglés/Francés). 
• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Historia de España. 
• Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre Filosofía. 

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito os exercicios que se propoñan para cada unha das tres elixidas (igual que o punto anterior). 
Neste exercicio valorarase o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, á utilización da linguaxe e á capacidade de análise e de síntese.


PROBAS ESPECÍFICAS:  


DEPORTE
DATA
LUGAR
Fútbol Sala
10 de setembro,10.00 h.
IES As Lagoas en Ourense
Fútbol
11 de setembro, 10,00 h.
ES Universidade Laboral en Culleredo
12 de setembro, 11,00 h.
IES Sánchez Cantón en Pontevedra
Balonmán
12 de setembro, 10,00 h.
ES Sánchez Cantón en Pontevedra
Baloncesto
13 de setembro, 10.00 h.
IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía
Atletismo
16 de setembro, 10.00 h.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo
Vela
3 de setembro, 11.30 h.
Centro Galego de Vela en Vilagarcía


Más información:

OFERTA EDUCATIVA ENSINANZAS DEPORTIVAS GALICIA

Preguntas frecuentes

Resolución do 27 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.

Fuente: Consellería de Educación