Entrada destacada

Admisión 2019. Universidades Públicas de Galicia

Haz el seguimiento de tus solicitudes !! Las fechas de publicación de los listados de admitidos a matrícula en el Sistema Universitario d...

sábado, 18 de mayo de 2019

Admisión Enseñanzas Artísticas Superiores. Diseño

Admisión 2019.  Galicia

PRAZOS abertos ata o 7 de Xuño

http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/209/all


ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO

Condicións das persoas aspirantes

1. Estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos,

2.  A proba específica de acceso aos estudos superiores  terá por obxecto demostrar que o/a aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos 

3. A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/da aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o que son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

4.. Poderanse presentar á proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas supe-riores aquelas persoas que, tendo accedido á universidade por unha vía distinta á do bacharelato, acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciatura ou graduado. Quen acredite estar en posesión dun título universitario de diplomatura poderá presentarse á dita proba se o título universitario de diplomatura quedou asimilado ao correspondente título universitario de grao.    

5. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan penden-te algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

6. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecemenos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.  

ACCESO

Acceso directo

1. Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específia de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
2. Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario establecido nesta resolución.
3. No caso de que a persoa aspirante estea pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación fial de ciclo para a obtención dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2018/19, e en consecuencia non dispoña do título antes de fializar o prazo de inscrición, poderá igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e a admisión aos estudos superiores de Deseño, e deberá presentar a certifiación de ter solicitado o devandito título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido nesta resolución

SOLICITUDES

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certifiado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas  superiores de deseño. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte
deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas. 
Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia, as especialidades que se desexan cursar así como a escola en que as desexan cursar. Poderanse solicitar un máximo de catro opcións. 
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría de calquera das escolas de arte e superiores de deseño.

Documentación

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte. 

b) Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso: 
– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías dos conservatorios). 
– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde oenderezo: 
http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos 
– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal). 
O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado. 

c) Documentación académica segundo proceda: 
– Título de bacharelato ou titulación equivalente. 
– Certificación académica do bacharelato con indicación de materias pendentes.
 – Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
– Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificación das ensinanzas profesionais, se é o caso, con indicación da nota media do expediente.
 – Título universitario que cumpra as condicións establecidas no punto 4 da primeira instrución desta resolución. 
– Certificado de superación da proba substitutiva do requisito de titulación de bachare-lato correspondente a convocatorias anteriores.  

d) Pendente de realizar a proba que substitúe o requisito de titulación. Esta circunstan-cia farase constar na solicitude, a súa admisión quedará condicionada á superación do requisito correspondente. 

e) Documento acreditativo do grao de discapacidade e solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda, de ser o caso. 

f) Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel e/ou rende-mento, de ser o caso. 

Publicacións da listaxe de inscrición: 11 de xuño

Lugar, datas e desenvolvemento das probas de acceso

1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela

– 9.00 horas: presentación. 
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).
 – Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Castelá e Literatura. 
– Das 12.00 ás 13.00 horas: Lingua Galega e Literatura. 
– Das 13.00 ás 14.00 horas: Filosofía. 
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Historia de España.Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito os exerci-cios que se propoñan para cada unha das tres materias elixidas. 

Características da proba:

 Lingua estranxeira: Inglés ou Francés (elixir unha). 
Inglés: A proba consta de 9 exercicios distribuídos da seguinte forma:
 Primeira parte: 8 cuestións tipo test relacionadas cun texto. O candidato ou candidata deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta de cada pregunta tipo test na táboa de solucións ás preguntas.
Segunda parte: 1 cuestión que exixe unha redacción por parte do candidato. 
Puntuación: 1 punto por cada reposta correcta na primeira parte, a puntuación máxima é de 8 puntos. A segunda parte da proba valorarase con 2 puntos máximos. Corresponde co exercicio de redacción.
 Francés:A proba consta de 5 preguntas relacionadas coa temática dun texto e distribuídas da seguinte forma:
 – Preguntas 1 á 4: cuestións de resposta breve.
 – Pregunta número 5: cinco cuestións tipo test. 
O alumnado deberá elixir unha única opción entre as tres ofertadas e sinalar a resposta correcta no cadro correspondente na táboa de solucións.Puntuación: as preguntas 1, 2, 3 e 4 valoraranse con 2 puntos máximo cada unha. A pre-gunta número 5 valorarase cada epígrafe con 0,40 puntos, ata un total de 2 puntos. 

Lingua Castelá e Literatura.A proba consta de 5 exercicios distribuídos da seguinte forma:– Exercicios 1, 2 e 3: cuestións relacionadas cun texto.– Exercicio 4: unha cuestión de expresión escrita.– Exercicio 5: dez cuestións tipo test. Cumprirá elixir unha única resposta correcta para cada pregunta e sinalala na táboa de solucións ás preguntas.Puntuación: 1 punto por cada pregunta referida ao texto. 2 puntos polo exercicio de re-dacción. 0,50 puntos por cada pregunta tipo test (neste exercicio descontaranse 0,125 pun-tos por cada resposta errada). 

• Lingua Galega e Literatura.A proba consta de 5 exercicios distribuídos da seguinte forma:– Exercicios 1, 2 e 3: cuestións relacionadas cun texto.– Exercicio 4: unha cuestión de expresión escrita. 
– Exercicio 5: dez cuestións tipo test. Cumprirá elixir unha única resposta correcta para cada pregunta e sinalala na táboa de solucións ás preguntas.Puntuación: 1 punto por cada pregunta referida ao texto. 2 puntos polo exercicio de redacción. 0,50 puntos por cada pregunta tipo test (descontaranse 0,25 puntos por cada resposta errada). 

Filosofía.A proba consta de 10 exercicios tipo test. O alumnado deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta a cada pregunta tipo test na táboa de solucións ao final do exame.Puntuación: cada resposta correctamente contestada sumará 1 punto. Cada resposta incorrecta descontará 0,25 puntos. 

• Historia de España.A proba consta de 10 exercicios tipo test. O alumnado deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta a cada pregunta tipo test na táboa de solucións ao final do exame.Puntuación: cada resposta correctamente contestada sumará 1 punto. Cada resposta incorrecta descontará 0,25 puntos.

 Non existirá, en ningunha das materias, penalización no caso de non responder as cuestións que, nese caso, serán cualificadas cun 0.
  
Contido das probas.Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais de bacharelato (Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia). Valoraranse os coñecementos e o grao de madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese. 

Cualificación da proba.A proba de acceso substitutiva do requisito de titulación será cualificada con termos de apto/a e non apto/a. 

 Validez permanente en todo o territorio nacional.

MODELO DE PROBA DE ACCESO SEN BACHARELATO

2. As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño darán comezo o día 3 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña

 a) Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.

b) Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas.
– 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas.
– 2º exercicio: das 18.00 ás 20.00 horas.
4. A proba específia de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño constará de dúas partes:
 

a) Primeira parte:
Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/ás cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto. Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
– A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
– A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
– O coñecemento dos valores signifiativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
– A identifiación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.
 

b) Segunda parte. Os/as aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas:
– 1º exercicio: debuxo mimético á man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafio sobre papel tamaño DIN A3.
– 2º exercicio: debuxo á man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán defiidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fielidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

MODELO DE PROBA ESPECIFICA DE DESEÑO

Matrícula 

1. Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 19 e 24 de xullo, ambos os dous incluídos. 
2. Para a formalización das solicitudes de matrícula, as escolas de arte e superiores de deseño facilitaranlles ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase a solicitude de matrícula na Secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada polo/a aspirante.  

No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias no mes de setembro  


    
 Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190513_acceso_deseno.pdf