Entrada destacada

Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo

Convocatoria 2019-2020 Plazo de presentación :  d el 28 de julio al 26 de septiembre de 2019 Información general Convocato...

lunes, 20 de mayo de 2019

Admisión Enseñanzas Artísticas Superiores. Música.

Admisión 2019.  Galicia

PRAZOS abertos ata o 7 de Xuño

http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1793/all


ESTUDOS SUPERIORES DE MÚSICA

Condicións das persoas aspirantes

1. Estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos,

2.  A proba específica de acceso aos estudos superiores de Música terá por obxecto demostrar que o/a aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos 

3. A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/da aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o que son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

4.. Poderanse presentar á proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas supe-riores aquelas persoas que, tendo accedido á universidade por unha vía distinta á do bacharelato, acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciatura ou graduado. Quen acredite estar en posesión dun título universitario de diplomatura poderá presentarse á dita proba se o título universitario de diplomatura quedou asimilado ao correspondente título universitario de grao.    

5. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admi-sión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

6. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaseis anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.  

SOLICITUDES

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos con-servatorios superiores de música de Galicia. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios. Indicar a especialidade e o itinerario.
Deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro. 

Documentación

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte. 

b) Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso: 
– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías dos conservatorios). 
– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde oenderezo: 
http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos 
– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal). 
O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado. 

c) Documentación académica segundo proceda: 
– Título de bacharelato ou titulación equivalente. 
– Certificación académica do bacharelato con indicación de materias pendentes.
 – Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
– Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificación das ensinanzas profesionais, se é o caso, con indicación da nota media do expediente.
 – Título universitario que cumpra as condicións establecidas no punto 4 da primeira instrución desta resolución. 
– Certificado de superación da proba substitutiva do requisito de titulación de bachare-lato correspondente a convocatorias anteriores.  

d) Pendente de realizar a proba que substitúe o requisito de titulación. Esta circunstan-cia farase constar na solicitude, a súa admisión quedará condicionada á superación do requisito correspondente. 

e) Documento acreditativo do grao de discapacidade e solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda, de ser o caso. 

f) Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel e/ou rende-mento, de ser o caso. 

Publicacións da listaxe de inscrición: 11 de xuño


Lugar, datas e desenvolvemento das probas de acceso

1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela

– 9.00 horas: presentación. 
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).
 – Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Castelá e Literatura. 
– Das 12.00 ás 13.00 horas: Lingua Galega e Literatura. 
– Das 13.00 ás 14.00 horas: Filosofía. 
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Historia de España.Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito os exerci-cios que se propoñan para cada unha das tres materias elixidas. 

Características da proba:

 Lingua estranxeira: Inglés ou Francés (elixir unha). 
Inglés: A proba consta de 9 exercicios distribuídos da seguinte forma:
 Primeira parte: 8 cuestións tipo test relacionadas cun texto. O candidato ou candidata deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta de cada pregunta tipo test na táboa de solucións ás preguntas.
Segunda parte: 1 cuestión que exixe unha redacción por parte do candidato. 
Puntuación: 1 punto por cada reposta correcta na primeira parte, a puntuación máxima é de 8 puntos. A segunda parte da proba valorarase con 2 puntos máximos. Corresponde co exercicio de redacción.
 Francés:A proba consta de 5 preguntas relacionadas coa temática dun texto e distribuídas da seguinte forma:
 – Preguntas 1 á 4: cuestións de resposta breve. 
– Pregunta número 5: cinco cuestións tipo test. 
 O alumnado deberá elixir unha única opción entre as tres ofertadas e sinalar a resposta correcta no cadro correspondente na táboa de solucións.Puntuación: as preguntas 1, 2, 3 e 4 valoraranse con 2 puntos máximo cada unha. A pre-gunta número 5 valorarase cada epígrafe con 0,40 puntos, ata un total de 2 puntos. 

Lingua Castelá e Literatura.A proba consta de 5 exercicios distribuídos da seguinte forma:– Exercicios 1, 2 e 3: cuestións relacionadas cun texto.– Exercicio 4: unha cuestión de expresión escrita.– Exercicio 5: dez cuestións tipo test. Cumprirá elixir unha única resposta correcta para cada pregunta e sinalala na táboa de solucións ás preguntas.Puntuación: 1 punto por cada pregunta referida ao texto. 2 puntos polo exercicio de re-dacción. 0,50 puntos por cada pregunta tipo test (neste exercicio descontaranse 0,125 pun-tos por cada resposta errada). 

• Lingua Galega e Literatura.A proba consta de 5 exercicios distribuídos da seguinte forma:– Exercicios 1, 2 e 3: cuestións relacionadas cun texto.– Exercicio 4: unha cuestión de expresión escrita. 
– Exercicio 5: dez cuestións tipo test. Cumprirá elixir unha única resposta correcta para cada pregunta e sinalala na táboa de solucións ás preguntas.Puntuación: 1 punto por cada pregunta referida ao texto. 2 puntos polo exercicio de redacción. 0,50 puntos por cada pregunta tipo test (descontaranse 0,25 puntos por cada resposta errada). 

Filosofía.A proba consta de 10 exercicios tipo test. O alumnado deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta a cada pregunta tipo test na táboa de solucións ao final do exame.Puntuación: cada resposta correctamente contestada sumará 1 punto. Cada resposta incorrecta descontará 0,25 puntos. 

• Historia de España.A proba consta de 10 exercicios tipo test. O alumnado deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta a cada pregunta tipo test na táboa de solucións ao final do exame.Puntuación: cada resposta correctamente contestada sumará 1 punto. Cada resposta incorrecta descontará 0,25 puntos.

 Non existirá, en ningunha das materias, penalización no caso de non responder as cuestións que, nese caso, serán cualificadas cun 0.
  
Contido das probas.Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais de bacharelato (Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia). Valoraranse os coñecementos e o grao de madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese. 

Cualificación da proba.A proba de acceso substitutiva do requisito de titulación será cualificada con termos de apto/a e non apto/a. 

 Validez permanente en todo o territorio nacional.

MODELO DE PROBA DE ACCESO SEN BACHARELATO

2. As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 20 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia,

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, rúa Manuel Murguía 44, e no Conservatorio Superior de Música de Vigo, rúa de Manuel Olivié 23, a partir do 20 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a Comisión de Acceso:4. 

Características da proba específica de acceso:

Especialidade de composición. A proba consistirá:• Parte A: na realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.• Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a. 
 Especialidade de dirección. A proba consistirá:• Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de ac-ceso a estes estudos.• Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.• Parte C: na lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido polo/a aspirante de entre dous propostos polo tribunal.• Parte D: realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.

Especialidade de interpretación (agás itinerario de jazz). A proba consistirá:• Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal.• Parte C: na lectura á vista.

 Especialidade de interpretación, itinerario de jazz. A proba consistirá:• Parte A: na interpretación dun programa, será requisito indispensable que o/a aspiran-te improvise en cada unha delas. O repertorio para interpretar na parte A da proba de acce-so constará de cinco temas enmarcados dentro do repertorio estándar de jazz, amosando entre eles variedade formal, estilística e na elección dos tempi de execución.• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, enga-dindo contidos propios da análise de jazz.• Parte C: na lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz. 

Especialidade de musicoloxía. A proba consistirá:• Parte A: na análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por propos-ta do tribunal.• Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quin-ce minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a. 

Especialidade de pedagoxía. Itinerario xeral e da linguaxe musical. A proba consisti-rá en:• Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamene polo/a candidato/a. A elección do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.• Parte B: nunha proba vocal individual.• Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación

Especialidade de produción e xestión. A proba consistirá en:• Parte A: no desenvolvemento por escrito dunha proposta de proxecto, a partir dun suposto proposto polo tribunal.• Parte B: no desenvolvemento e posterior defensa oral dun tema vinculado a unha cuestión relacionada coa xestión de políticas culturais do contorno musical. Poderase es-coller un tema de entre dous propostos polo tribunal.• Parte C: análise formal e estética dunha obra proposta polo tribunal.• Parte D: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a. 

MODELO DE PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO MÚSICA

Matrícula 

1. Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 9 e 22 de xullo, ambos os dous incluídos. 
2. Para a formalización das solicitudes de matrícula, os conservatorios superiores de música facilitaranlles ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase a solicitude de matrícula na Secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada polo/a aspirante.  

No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias no mes de setembro 


    
 Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190513_acceso_musica.pdf