Entrada destacada

Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo

Convocatoria 2019-2020 Plazo de presentación :  d el 28 de julio al 26 de septiembre de 2019 Información general Convocato...

martes, 21 de mayo de 2019

Admisión Enseñanzas Artísticas Superiores. Arte Dramático

Admisión 2019.  Galicia

PRAZOS abertos ata o 7 de Xuño

http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/210/all


ESTUDOS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA

Condicións das persoas aspirantes

1. Estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos,

2.  A proba específica de acceso aos estudos superiores  terá por obxecto demostrar que o/a aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos 

3. A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/da aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o que son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

4.. Poderanse presentar á proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores aquelas persoas que, tendo accedido á universidade por unha vía distinta á do ba-charelato, acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciatura ou graduado. Quen acredite estar en posesión dun título universitario de diplomatura poderá presentarse á dita proba se o título universitario de diplomatura quedou asimilado ao correspondente título universitario de grao.    

5. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

6. As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as corresponden-tes ensinanzas mediante a realización dunha proba. 

SOLICITUDES

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certifiado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de Arte Dramaática. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría .

Documentación

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte. 

b) Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso: 
– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías dos conservatorios). 
– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde oenderezo: 
http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos 
– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal). 
O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado. 

c) Documentación académica segundo proceda: 
– Título de bacharelato ou titulación equivalente. 
– Certificación académica do bacharelato con indicación de materias pendentes.
 – Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
– Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificación das ensinanzas profesionais, se é o caso, con indicación da nota media do expediente.
 – Título universitario que cumpra as condicións establecidas no punto 4 da primeira instrución desta resolución. 
– Certificado de superación da proba substitutiva do requisito de titulación de bachare-lato correspondente a convocatorias anteriores.  

d) Pendente de realizar a proba que substitúe o requisito de titulación. Esta circunstan-cia farase constar na solicitude, a súa admisión quedará condicionada á superación do requisito correspondente. 

e) Documento acreditativo do grao de discapacidade e solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda, de ser o caso. 

f) Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel e/ou rende-mento, de ser o caso. 

Publicacións da listaxe de inscrición: 11 de xuño

Lugar, datas e desenvolvemento das probas de acceso

1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela

– 9.00 horas: presentación. 
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).
 – Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Castelá e Literatura. 
– Das 12.00 ás 13.00 horas: Lingua Galega e Literatura. 
– Das 13.00 ás 14.00 horas: Filosofía. 
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Historia de España.Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito os exerci-cios que se propoñan para cada unha das tres materias elixidas. 

Características da proba:

 Lingua estranxeira: Inglés ou Francés (elixir unha). 
Inglés: A proba consta de 9 exercicios distribuídos da seguinte forma:
 Primeira parte: 8 cuestións tipo test relacionadas cun texto. O candidato ou candidata deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta de cada pregunta tipo test na táboa de solucións ás preguntas.
Segunda parte: 1 cuestión que exixe unha redacción por parte do candidato. 
Puntuación: 1 punto por cada reposta correcta na primeira parte, a puntuación máxima é de 8 puntos. A segunda parte da proba valorarase con 2 puntos máximos. Corresponde co exercicio de redacción.
 Francés:A proba consta de 5 preguntas relacionadas coa temática dun texto e distribuídas da seguinte forma: 
– Preguntas 1 á 4: cuestións de resposta breve. 
– Pregunta número 5: cinco cuestións tipo test. 
 O alumnado deberá elixir unha única opción entre as tres ofertadas e sinalar a resposta correcta no cadro correspondente na táboa de solucións.Puntuación: as preguntas 1, 2, 3 e 4 valoraranse con 2 puntos máximo cada unha. A pre-gunta número 5 valorarase cada epígrafe con 0,40 puntos, ata un total de 2 puntos. 

Lingua Castelá e Literatura.A proba consta de 5 exercicios distribuídos da seguinte forma:– Exercicios 1, 2 e 3: cuestións relacionadas cun texto.– Exercicio 4: unha cuestión de expresión escrita.– Exercicio 5: dez cuestións tipo test. Cumprirá elixir unha única resposta correcta para cada pregunta e sinalala na táboa de solucións ás preguntas.Puntuación: 1 punto por cada pregunta referida ao texto. 2 puntos polo exercicio de re-dacción. 0,50 puntos por cada pregunta tipo test (neste exercicio descontaranse 0,125 pun-tos por cada resposta errada). 

• Lingua Galega e Literatura.A proba consta de 5 exercicios distribuídos da seguinte forma:– Exercicios 1, 2 e 3: cuestións relacionadas cun texto.– Exercicio 4: unha cuestión de expresión escrita. 
– Exercicio 5: dez cuestións tipo test. Cumprirá elixir unha única resposta correcta para cada pregunta e sinalala na táboa de solucións ás preguntas.Puntuación: 1 punto por cada pregunta referida ao texto. 2 puntos polo exercicio de redacción. 0,50 puntos por cada pregunta tipo test (descontaranse 0,25 puntos por cada resposta errada). 

Filosofía.A proba consta de 10 exercicios tipo test. O alumnado deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta a cada pregunta tipo test na táboa de solucións ao final do exame.Puntuación: cada resposta correctamente contestada sumará 1 punto. Cada resposta incorrecta descontará 0,25 puntos. 

• Historia de España.A proba consta de 10 exercicios tipo test. O alumnado deberá elixir unha única opción e sinalar a resposta correcta a cada pregunta tipo test na táboa de solucións ao final do exame.Puntuación: cada resposta correctamente contestada sumará 1 punto. Cada resposta incorrecta descontará 0,25 puntos.

 Non existirá, en ningunha das materias, penalización no caso de non responder as cuestións que, nese caso, serán cualificadas cun 0.
  
Contido das probas.Tomaranse como referencia os vixentes currículos oficiais de bacharelato (Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia). Valoraranse os coñecementos e o grao de madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese. 

Cualificación da proba.A proba de acceso substitutiva do requisito de titulación será cualificada con termos de apto/a e non apto/a. 

 Validez permanente en todo o territorio nacional.

MODELO DE PROBA DE ACCESO SEN BACHARELATO

2. As probas específicas de acceso  ás ensinanzas superiores de Arte Dramática darán comezo o día 1 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

As persoas inscritas deberán presentar para realizar a proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.3. Realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, rúa Poza Cabalo, s/n, Vigo, e darán comezo o día 1 de xullo, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación. 
A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba, que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade por que opten as persoas aspirantes.

 a) Na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia consistirá, como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio  breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática e nunha entrevista persoal. 

 b) Na especialidade de Escenografía consistirá, como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.  

c) Na especialidade de Interpretación consistirá, como mínimo, en dúas sesións de tra-ballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas cales se realizarán diferen-tes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.

Antes do día 9 de xullo, o tribunal publicará a listaxe provisional de aspirantes presentados/as, con expresión da cualificación final obtida na proba específica

Matrícula 

1. Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 15 e 29 de xullo, ambos os dous incluídos. 
2. Para a formalización das solicitudes de matrícula, as escolas superiores facilitaranlles ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase a solicitude de matrícula na Secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada polo/a aspirante.  

No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias no mes de setembro  

    
 Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190513_acceso_dramatica.pdf